DOCUMENTATION BREAKDOWN

DOCUMENTACIÓN. 2º DE XORNALISMO. MARTINA GAREA.

sábado, 10 de noviembre de 2012

A Síndrome da Inmunodeficiencia Social

Para a elaboración desta análise, partín do texto orixinal de José Antonio Marina, El síndrome de la inmunodeficiencia social.


I. O autor do texto: José Antonio Marina

José Antonio Marina Torres (Toledo, 1939), é filósofo, pedagogo e escritor. Neto do tamén filósofo toledano Juan Marina Muñoz, José Antonio Marina estudou filosofía na Universidad Complutense de Madrid, época durante a cal leu apaixoadamente a Unamuno, fundou varias revistas e dirixiu varios grupos teatrais. Actualmente é catedrático excedente de Filosofía no instituto madrileño de La Cabrera e Doctor Honoris Causa pola Universidad Politécnica de Valencia.


O seu labor investigador céntrase no estudo da intelixencia e o pensamento diverxente, especialmente dos mecanismos da creatividade artística, científica, tecnolóxica e económica. Como discípulo de Husserl, pódeselle considerar un expoñente da fenomenoloxía española. Elaborou unha teoría da intelixencia que comeza coa neurología e conclúe na ética. Os seus últimos libros tratan da intelixencia das organizaciones e das estruturas politicas.

Colabora en prensa (Suplemento cultural Crónica de El Mundo, El Semanal, etc.), radio e televisión. Nos últimos anos ten participado en tertulias e debates en RNE; tamén escrbiu artículos periodísticos e é autor de diversos ensaios.



II. Conceptos


Pensamento crítico: actitude intelectual cuxo obxectivo é analizar ou evaluar a estrutura e consistencia dos razoamentos, en particular as opinións que na vida cotiá adoitan aceptarse coma verdadeiras.

Corrupción: acción o inacción dunha ou varias persoas que manipulando os medios dun sistema, en beneficio propio e/ou allno, terxiversan os fins do mesmo en perxuízo do conxunto de cidadáns.

Democracia parlamentaria: forma de goberno representativa na que o Parlamento participa exclusivamente  na dirección dos asuntos do Estado. A formación do goberno e a súa permanencia dependen do consentimento da maioría parlamentaria, procedente das eleccións ou dunha coalición.


Inmunodeficiencia: Estado patolóxico dun sistema inmunitario que o fai disfuncional.

Sociedade civil / sociedade política: individuos alleos á esfera do Goberno / individuos involucrados na esfera do Goberno.

Unión Europea: Comunidade política de Dereito constituída en réxime de organización internacional sui generis, xurdida para propiciar e acoller a integración e gobernanza en común dos estados de Europa. Está composta por vintesete estados europeos e foi establecida coa entrada en vigor do Tratado da Unión Europea (TUE), o 1 de novembro de 1993.

Informe Crick: O informe Crick (que recibe o seu nome por Francis Crick) é un informe oficial sobre Educación para a Cidadanía (EpC) e ten como principais obxectivos fomentar a responsabilidade social e moral, a implicación comunitaria e ampliar a cultura política.

Programa Eurydice: Eurydice é unha rede institucional encargada da recopilación, análise e difusión de información fiable y facilmente comparable acerca dos sistemas e políticas educativas de toda Europa. A Rede Eurydice, posta en marcha por primeira vez en 1980 pola Comunidade Europea, componse dunha Unidade Europea, creada pola Comisión Europea en Bruselas, e varias Unidades Nacionaies, dependentes dos ministerios de educación dos países participantes no programa de acción europeo Sócrates.




III. Análise e comentario crítico



O autor non vai desencamiñado coa súa análise. Non é necesario ser moi agudo, nin un grande observador, nin un reputado filósofo, para percibir a decadencia do comportamento, das relacións e do pensamento nos nosos días.

Mais José Antonio Marina perde de vista un punto importante na súa reflexión: a sociedade está composta de individuos. Esa cruda observación que fai acerca da sociedade, sería máis correcta aplicada de xeito individual, a cada suxeito, xa que un colectivo non ostenta características especiais por selo, só amosa os rasgos que individualmente os individuos que o compoñen poden presentar. Neste caso, non habería lugar para a xeneralización, pero o certo é que ningunha xeneralización fai xustiza co obxecto do seu xuízo. A sociedade non posúe unha obligación inherente de actuar como grupo, de ter algún tipo de conciencia ou moral colectiva, xa que a única acción real e tanxible é a acción individual.

A carencia de pensamento crítico, da que se queixa Marina, non ten unha orixe social. Esta tendencia a descoidar a propia formación, a non cuestionar xamais ningún tipo de autoridade ou afirmación categórica, non atopa a súa causa na sociedade. É certo que o ambiente, o entorno social, as circunstancias, fomentan que un suxeito adquira ou non esta capacidade, mais a responsabilidade última é do propio individuo, por adversas que sexan as condicións externas. O propio pensamento escéptico que critica é o que el mesmo fomenta tomando como obxecto de análise un concepto tan abstracto como a sociedade, o grupo, o colectivo. É sinalar a todo o mundo e ao mesmo tempo non sinalar a ninguén, é o mesmo xogo.

Por outra banda, as afirmacións presentes no seu texto acerca da tolerancia ('Todos tenemos la obligación de juzgar') son tan enfermizas e hipócritamente moralistas como o que el critica. Todos temos a liberdade de xulgar ou non, nin a obligación nin a prohibición de facelo. A consecuencia deste libre albedrío non se debe de ver como unha sociedade boa ou unha sociedade mala, senón como unha sociedade de individuos libres.

En resumo, José Antonio Marina fai unha acertadísima análise, mais a aplicación non colectiva, senón individual



IV. Fontes


"El síndrome de la inmunodeficiencia social", José Antonio Marina

José Antonio Marina, Wikipedia
Blog personal de José Antonio Marina
Informe Crick
Eurydice España
Página web de José Antonio Marina
O informe Crick, José Antonio Marina



lunes, 22 de octubre de 2012

Síntese da documentación


Resumo da idea de documentación

A documentación é a ciencia xeral que ten por obxectivo a recollida, análise e almacenamento de todo tipo de información para recuperar e difundir eses datos, de xeito que alcance rápida e eficazmente ao público. Noutras verbas, trátase de aquela actividade que se ocupa de reunir e analizar os documentos, almaceando a información que conteñen para poder recuperala e difundila.

No ámbito xornalístico, a documentación informativa é un xeito de informar cuxo fin é a valoración, selección e clasificación de datos para o seu uso posterior. O seu obxecto de estudo son os textos escritos en diferentes soportes e formatos.



Palabras clave

Documentación, información, datos, arquivo, xornalismo, fontes, comunicación, medios.


Concepto

Entendemos a documentación como a disciplina científica que trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesíbel a calquera persoa que poda necesitala.

Documentación é o proceso de comunicación polo que un individuo (persoa ou colectividade) recibe as referencias duns obxectos (documentos debidamente tratados), expresa ou presuntamente pedidos, relativos a un determinado dominio de actividade social.


Principios

O traballo documental pode considerarse como un labor de mediación e até de interpretación e transformación das mensaxes, xa que a partires dun documento xeramos un conxunto de fenómenos e procesos que volven máis doado o traballo co documento inicial. Neste ámbito, os puntos más relevantes son:

- A selección da información

- A análise dos datos (mediante a elaboración dun resumo e un índice)

- Recuperación.

- Difusión da información recollida.


Funcións

Entre as funcións máis sobresaíntes da documentación, destacamos as seguintes:

1. Función previsora:

Parte das informacións que recibimos a través dos medios de comunicación é pervisíbel. Cada ano infórmase sobre algúns acontecementos que se repiten e se poden prever periódicamente. Esta anticipación permite aos redactores avanzar na súa tarefa de preparación da información e posibilita una mellor organización do traballo informativo.

2. Función preparatoria:

Anticiparse ás noticias previsíbeis permite levar a cabo unha boa preparación das informacións. Os xornalistas recorren a centros de documentación ou a fontes especializadas para afondar nos detalles dunha peza a realizar. Achará cal foi a súa traxectoria, o seu perfil biográfico, etc. É dicir, investigará y afondará nos aspectos de fondo desa noticia e no por que desa información.

3. Función crítico-verificadora:

Todos os comunicadores teñen a obrigación de transmitir información fiábel e veraz. Verdadeira e correcta. Para ofrecer informacións correctas aos lectores, telespectadores, radioíntes ou internautas, os profesionais da comunicación deberán dedicar unha parte do seu tempo a verificar os datos que están a amosar.

4. Función completiva:

A función completiva consiste en aportar datos concretos a unha información que permitan enriquecela. Un antecedente doutro ano, unha fotografía o as declaracións do protagonista de la información son algúns dos exemplos de como se pode completar unha información,

5. Función lingüístico-clarificadora:

A linguaxe utilizada nos medios de comunicación xoga un papel clave na efectividade desa comunicación. As palabras e expresións empregadas nun informativo ou nun anuncio están cargadas de sentido e, ás veces, tras unha expresión aparentemente inocente agóchase unha clara intencionalidade política ou ideolóxica. As palabras non se elixen ao azar, como o conta Alex Grijelmo (Director da Axencia EFE), que observa que as verbas se empregan para dicir, para conversar ou para manipular.

6. Función informativa:

Para preparar unha información cómpre coñecer as fontes máis importantes relacionadas con ese tema, ademais dos expertos que poden hablarnos sobre esa cuestión. Pero non só se debe ser capaz de procurar, recuperar, reunir e analizar esa información, senón tamén de estruturarla y redactarla. Son produtos que implican unha compilación de datos, e, en ocasiones, unha certa análise dos mesmos. As formas que adoptan son: cronoloxías, estatísticas, cadros explicativos, obituarios ou necrolóxicas, semblanzas, biografías, antecedentes ou infográficos.

7. Función orientadora:

En distintas tarefas da comunicación a carga ideolóxica está moi presente. En todos estes formatos da comunicación hai un denominador común que é a necesidade de contar algo y de facelo dun determinado xeito para poder transmitir a idea.
Finalidade


Os obxectivos principais da documentación son os seguintes:

- Procurar información e, tras atopala, contrastar e valorar eses datos.
- Decidir que datos son necesarios para elaborar un estudo ou traballo en concreto.
- Organizar, ordenar, clasificar e gardar calquera información en arquivos para acumulala de xeito accesíbel.
-Recuperar datos útiles para a súa difusión.
- Formar o noso criterio de selección de información.
- Completar correctamente os traballos e estudos que se estén a realizar.


Características da información de actualidade

A información de actualidade (GARCÍA GUTIERREZ y LUCAS, 1987) é enciclopédica, trata todo tipo de temas, o que obriga a establecer linguaxes documentais enciclopédicos, sendo ademaiss universal, tanto na difusión como na orixe e fontes. Por outra banda, a información de actualidade caracterízase por unha grande desigualdade no tratamento dos temas, superficialidade y profundidade coinciden nun mesmo medio.
As principais características da información de actualidade desde a perspectiva do traballo documental son expostas por Amat e Blasco (Rev.Esp.Doc.Cient. 19, 2. 1996): coincidencia episódica, redundancia cíclica, Efecto Mateo, multiplicidad de soportes, fragmentación del mensaje, latencia, documentos compostos, lei do mínimo esforzo, estratificación de usuarios e usos, e relatividade de significado.





miércoles, 19 de septiembre de 2012

Debate político sobre as eleccións galegas

A idea é crear un espazo aberto de debate entre as forzas alternativas da dereita e a esquerda galegas, dándolle voz aos que normalmente non a teñen. Os tres grandes partidos que monopolizan o voto non estarían convidados.


1) Presentación dos partidos no debate cos seus respectivos obxectivos principais. Converxencia XXI, Alternativa Galega de Esquerda, Compromiso por Galicia, Sociedad Civil y Democracia, Partido da Terra e UPyD.

2) Crítica fundamentada contra o monopolio do voto.

3) Análise do goberno de Feijóo.

4) Solucións á situación de crise en Galiza.

5) Emigración 2.0 da mocidade galega.

6) Empresas propias galegas e os seus sectores.

7) Sanidade. 8-Defensa da lingua.

9) Análise da situación dos principais partidos e as súas divisións.

10) Reflexión final. Os partidos dispoñen dun espazo único para dar unha razón ao espectador para votarlles.


Antón Dubra, Alejandro Gándara, Martina Garea.