I. O autor do texto: José Antonio Marina
José Antonio Marina Torres (Toledo, 1939), é filósofo, pedagogo e escritor. Neto do tamén filósofo toledano Juan Marina Muñoz, José Antonio Marina estudou filosofía na Universidad Complutense de Madrid, época durante a cal leu apaixoadamente a Unamuno, fundou varias revistas e dirixiu varios grupos teatrais. Actualmente é catedrático excedente de Filosofía no instituto madrileño de La Cabrera e Doctor Honoris Causa pola Universidad Politécnica de Valencia.
O seu labor investigador céntrase no estudo da intelixencia e o pensamento diverxente, especialmente dos mecanismos da creatividade artística, científica, tecnolóxica e económica. Como discípulo de Husserl, pódeselle considerar un expoñente da fenomenoloxía española. Elaborou unha teoría da intelixencia que comeza coa neurología e conclúe na ética. Os seus últimos libros tratan da intelixencia das organizaciones e das estruturas politicas.
Colabora en prensa (Suplemento cultural Crónica de El Mundo, El Semanal, etc.), radio e televisión. Nos últimos anos ten participado en tertulias e debates en RNE; tamén escrbiu artículos periodísticos e é autor de diversos ensaios.
II. Conceptos
Pensamento crítico: actitude intelectual cuxo obxectivo é analizar ou evaluar a estrutura e consistencia dos razoamentos, en particular as opinións que na vida cotiá adoitan aceptarse coma verdadeiras.
Corrupción: acción o inacción dunha ou varias persoas que manipulando os medios dun sistema, en beneficio propio e/ou allno, terxiversan os fins do mesmo en perxuízo do conxunto de cidadáns.
Democracia parlamentaria: forma de goberno representativa na que o Parlamento participa exclusivamente na dirección dos asuntos do Estado. A formación do goberno e a súa permanencia dependen do consentimento da maioría parlamentaria, procedente das eleccións ou dunha coalición.
Inmunodeficiencia: Estado patolóxico dun sistema inmunitario que o fai disfuncional.
Sociedade civil / sociedade política: individuos alleos á esfera do Goberno / individuos involucrados na esfera do Goberno.
Unión Europea: Comunidade política de Dereito constituída en réxime de organización internacional sui generis, xurdida para propiciar e acoller a integración e gobernanza en común dos estados de Europa. Está composta por vintesete estados europeos e foi establecida coa entrada en vigor do Tratado da Unión Europea (TUE), o 1 de novembro de 1993.
Informe Crick: O informe Crick (que recibe o seu nome por Francis Crick) é un informe oficial sobre Educación para a Cidadanía (EpC) e ten como principais obxectivos fomentar a responsabilidade social e moral, a implicación comunitaria e ampliar a cultura política.
Programa Eurydice: Eurydice é unha rede institucional encargada da recopilación, análise e difusión de información fiable y facilmente comparable acerca dos sistemas e políticas educativas de toda Europa. A Rede Eurydice, posta en marcha por primeira vez en 1980 pola Comunidade Europea, componse dunha Unidade Europea, creada pola Comisión Europea en Bruselas, e varias Unidades Nacionaies, dependentes dos ministerios de educación dos países participantes no programa de acción europeo Sócrates.
III. Análise e comentario crítico
O autor non vai desencamiñado coa súa análise. Non é necesario ser moi agudo, nin un grande observador, nin un reputado filósofo, para percibir a decadencia do comportamento, das relacións e do pensamento nos nosos días.
Mais José Antonio Marina perde de vista un punto importante na súa reflexión: a sociedade está composta de individuos. Esa cruda observación que fai acerca da sociedade, sería máis correcta aplicada de xeito individual, a cada suxeito, xa que un colectivo non ostenta características especiais por selo, só amosa os rasgos que individualmente os individuos que o compoñen poden presentar. Neste caso, non habería lugar para a xeneralización, pero o certo é que ningunha xeneralización fai xustiza co obxecto do seu xuízo. A sociedade non posúe unha obligación inherente de actuar como grupo, de ter algún tipo de conciencia ou moral colectiva, xa que a única acción real e tanxible é a acción individual.
A carencia de pensamento crítico, da que se queixa Marina, non ten unha orixe social. Esta tendencia a descoidar a propia formación, a non cuestionar xamais ningún tipo de autoridade ou afirmación categórica, non atopa a súa causa na sociedade. É certo que o ambiente, o entorno social, as circunstancias, fomentan que un suxeito adquira ou non esta capacidade, mais a responsabilidade última é do propio individuo, por adversas que sexan as condicións externas. O propio pensamento escéptico que critica é o que el mesmo fomenta tomando como obxecto de análise un concepto tan abstracto como a sociedade, o grupo, o colectivo. É sinalar a todo o mundo e ao mesmo tempo non sinalar a ninguén, é o mesmo xogo.
Por outra banda, as afirmacións presentes no seu texto acerca da tolerancia ('Todos tenemos la obligación de juzgar') son tan enfermizas e hipócritamente moralistas como o que el critica. Todos temos a liberdade de xulgar ou non, nin a obligación nin a prohibición de facelo. A consecuencia deste libre albedrío non se debe de ver como unha sociedade boa ou unha sociedade mala, senón como unha sociedade de individuos libres.
En resumo, José Antonio Marina fai unha acertadísima análise, mais a aplicación non colectiva, senón individual
IV. Fontes
"El síndrome de la inmunodeficiencia social", José Antonio Marina
José Antonio Marina, Wikipedia
Blog personal de José Antonio Marina
Informe Crick
Eurydice España
Página web de José Antonio Marina
O informe Crick, José Antonio Marina